domingo, 11 de diciembre de 2011

Novos Broches e Diademas

Aproveitando que hoxe é domingo, día de descanso... estiven actualizando o facebook e o flickr, colgando algunha novidade. Ampliamos a colección Zamani, con broches e diademas. Agardo que vos gusten. Mil bicos!!




Aprovechando que hoy es domingo, día de descanso... he actualizado el facebook y el flickr, colgando alguna novedad! Ampliamos la colección Zamani con broches y diademas. Espero que os gusten. Mil besos!!



Novo punto de venda en Narón

Bos días!!
Unha entrada curtiña a de hoxe para dicirvos que onte chegaron algunhas das miñas cousiñas a unha tenda nova, A Tenda de Sara, en Narón, na rúa 25 de Xullo. Se tedes oportunidade pasade por alí este Nadal! E non o digo so para que merquedes do meu eh! senón porque teñen cousas preciosas e a súa dona é unha rapaza encantadora.
Moitos bicos!!!


Buenos días!!
Una entrada cortita la de hoy para deciros que ayer llegaron algunas de mis cositas a una tienda nueva, A tenda de Sara, en Narón, en la calle 25 de Xullo. Si tenéis oportunidad pasad por allí esta Navidad! Y no lo digo solo para que compréis mis cositas eh! sino porque tienen cosas preciosas y su dueña es una chica encantadora.
Muchos besos!!!!

domingo, 4 de diciembre de 2011

Novo punto de venda na Estrada

Os que me coñecedes xa sabedes que son un pouco desastre... e os que non me coñecedes xa o iredes vendo. O meu propósito era actualizar o blog alomenos unha vez ó mes e mirade... como corre o tempo! van xa logo cinco meses dende a última actualización... E ó fin estou aquí de novo!! Esta vez estou aquí para suxerirvos unha tendiña na que mercar os vosos agasallos de Nadal e na que poderedes atopar algunhas das miñas creacións. Viaxamos esta vez á Estrada, e no número 5 da rúa Calvo Sotelo, atopamos Triskel, unha tendiña pequerrecha que zumega bo gusto por todos os seus poros. Alí, tras o mostrador, estará Pili, agardando a que pasedes por alí a facerlle unha visitiña. Animádevos!!!!
Los que me conocéis ya sabéis que soy un poco desastre... y los que no me conocéis ya lo iréis viendo. Me había propuesto actualizar el blog al menos una vez al mes... y mirad!... cómo pasa el tiempo! han pasado casi cinco meses desde la última actualización... Y al fin estoy aquí de nuevo!! Esta vez estoy aquí para sugeriros una tiendecita en la que comprar vuestros regalos de Navidad y en la que podréis encontrar algunas de mis creaciones. Viajamos esta vez a A Estrada, y en el número 5 de la calle Calvo Sotelo, nos topamos con Triskel, una tienda pequeñita pero que rezuma buen gusto por todos sus poros. Allí, tras el mostrador, estará Pili, esperando a que vayáis a hacerle una visita. Animaos!!!

domingo, 17 de julio de 2011

Á volta de Ortigueira...

Pois unha semana despois do remate do Festival Celta de Ortigueira, aquí estou para amosarvos unhas fotos. Foron catro días intensos (deitándonos xusto antes do amencer e erguéndonos dúas ou tres horas despois, catro con sorte, jijiji); catro días de festa, de moi boa música e bo ambiente...


Tamén foron días de reencontros con vellos amigos. Tiven a sorte, un ano máis, de compartir posto coa miña boa amiga Teresa Ferro, artesana do coiro (do taller Elena Ferro Zoqueira).

Se teño que resaltar algo... quédome coa cara da xente ó ver algunhas das miñas pezas; con esa xente que se lembra de min e me busca ano tras ano; con esa xente que despois de percorrer toda a feira volta a mercar ó meu posto porque non atopou nada que lles gustara mais...

 


Pues una semana después del final del Festival Celta de Ortigueira, aquí estoy para enseñaros unas fotillos. Fueron cuatro días intensos (acostándonos justo antes de amanecer y levantándonos dos o tres horas después, cuatro con un poco de suerte, jiji); cuatro días de fiesta, de muy buena música y de buen ambiente...

También fueron días de reencuentros con viejos amigos. Tuve la suerte, un año más, de compartir puesto con mi buena amiga Teresa Ferro, artesana del cuero (del taller Elena Ferro Zoqueira).

Si tengo que resaltar algo... me quedo con la cara de la gente al ver algunas de mis piezas; con esa gente que me recuerda y me busca año tras año; con esa gente que después de recorrer toda la feria regresa a comprar a mi puesto porque no encontro otra cosa que le gustara más...

martes, 14 de junio de 2011

Onde mercar...

Hoxe veño a presentarvos dúas tendas nas que podedes atopar algunhas das miñas cousiñas.
Unha está na miña terra, no meu pobo, na miña Vila! É Arte Mimo Os que estivestedes en Cedeira, supoño que xa a coñeceredes, posto que é visita obligada. Detrás do mostrador está María, sempre amable e disposta a botarvos unha man. Grazas María por seguir confiando en min despois de tanto tempo.
A outra está no outro extremo da Península, en Catalunya, a miña terra de adopción. A tenda chámase Nunu, está en Vic e lévaa Núria, unha diseñadora incrible. Grazas Núria por darme esta oportunidade. Petonets!!
Xa vos seguirei informando dos distintos puntos de venda. Moitos bicos




Hoy vengo a presentaros dos tiendas en las que podéis encontrar algunas de mis cositas.
Una está en mi tierra, en mi pueblo, na miña Vila! Es Arte Mimo Los que habéis estado en Cedeira, supongo que ya la conoceréis, puesto que es visita obligada. Detrás del mostrador está María, su dueña, siempre amable y dispuesta a echaros una mano. Gracias María por seguir confiando en mi después de tanto tiempo.
La otra está en el otro extremo de la Península, en Catalunya, mi tierra de adopción. La tienda se llama Nunu, está en Vic y la lleva Núria, una diseñadora increible. Gracias Núria por darme esta oportunidad. Petonets!!
Ya os seguiré informando de los distintos puntos de venta. Muchos besos


lunes, 13 de junio de 2011

S. Zamani

Unha entrada curtiña, so para ensinarvos algunhas pezas da mesma colección que as agullas do post anterior. Espero que vos gusten!!! Biquiños

Una entrada cortita, sólo para enseñaros algunas piezas de la misma colección que las agujas del post anterior. Espero que os gusten!! Biquiños




jueves, 26 de mayo de 2011

Festival Celta



Bos dias a tod@s, comezamos o dia coa boa nova de que un ano mais voltamos ó Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Do 7 ó 10 de xullo teremos o noso posto na sección de Artesanía de dito festival.
A todos os que non estivéchedes nunca anímovos a visitalo porque disfrutaredes de moi boa música e moi bo ambiente. E ós que xa o coñecedes... sobran as palabras, porque viredes seguro! Véxovos en Ortigueira!!!


Buenos días a tod@s, comenzamos el día con la buena noticia de que un año más volvemos al Festival Internacional del Mundo Celta de Ortigueira. Del 7 al 10 de julio tendremos nuestro puesto en la sección de Artesanía de dicho festival.
A todos los que no hayáis estado nunca os animo a visitarlo porque disfrutaréis de muy buena música y muy buen ambiente. Y a los que ya lo conocéis... sobran las palabras, porque vendréis seguro! Os veo en Ortigueira!!!

Festival Ortigueira. 8, 9, 10 e 11 de xullo de 2010. Agardámoste

domingo, 22 de mayo de 2011

De Boda

Olaaaa!!! Despois de moito tempo, por fin estou de volta. Si xa dicía eu que isto de escribir un blog non estaba feito para min, que son un desastre. Vaia vergoña! Dous meses sen actualizar! A partir de agora prometo postear mais a miúdo.
Aproveitando que onte fumos de boda, quero ensinarvos os agasallos que elixiron os noivos para as invitadas. Ata agora non podía porque eles querían que fora unha sorpresa, pero agora que xa pasou o día... eiquí os tedes!!
Os meus parabéns a Diego e a Jessi, e moitas grazas por confiar en min. Moitos bicos para os dous e para o meu pequerrecho un mais grande ainda!!!



Holaaa!!! Después de mucho tiempo, por fin estoy de vuelta. Si ya decía yo que esto de escribir un blog no estaba hecho para mi, que soy un desastre. Qué vergüenza! Dos meses sin actualizar! A partir de ahora prometo postear más a menudo.
Aprovechando que ayer nos fuimos de boda, quiero enseñaros los regalitos que eligieron los novios para las invitadas. Hasta ahora no podía hacerlo porque los novios querían que fuera una sorpresa, pero ahora que ya pasó el día... aquí los tenéis!!
Mi enhorabuena a Diego y a Jessi, y muchas gracias por confiar en mi. Muchos besos para los dos, y para mi niño uno aún más grande!!!

martes, 15 de marzo de 2011

Xoaniñas

Algúns xa as coñeceredes, pero outros aínda non, así que vos quero presentar ás miñas pequerrechas, as que estiveron comigo dende que comecei neste vicio que é a arxila polimérica, que nunca me abandoaron, que sempre me acompañaron a todas a feiras e festas e que nunca me fallaron... Foron un dos meus primeiros traballos, pero non por iso menos importantes agora, levareinas comigo sempre...... as miñas xoaniñas!!
Bicos!!


 
Algunos ya las conoceréis, pero otros todavía no, así que os quiero presentar a mis niñas, que me han estado conmigo desde que empecé con este vicio que es la arcilla polimérica, que nunca me han abandonado, que siempre me han acompañado a todas las ferias y fiestas y que nunca me fallaron... Fueron uno de mis primeros trabajos, pero no por eso menos importantes ahora, siempre las llevaré conmigo..... as miñas xoaniñas!!
Besos!!

sábado, 12 de marzo de 2011

Ola!
Pois ó final tamén eu sucumbín ó mundo blogger. E iso que onte mesmo, mentres tomaba un café con dúas boas amigas, dicía que non me metería en semellante lío. O caso é que fai semanas que estou a facer a miña páxina web, pero non vexo a luz ó final do tunel, jaja. E xa estou desesperada, é un traballo máis complicado do que pensaba (é o que ten o intrusismo profesional, está claro que o meu non é facer webs, jijiji). Así é que decidín comezar por facer algo aparentemente máis sinxelo: este blog. Ainda que ó final resultou ser un chisco máis complexo do que eu pensaba...
Pero bueno, aquí está!!! E de agora en diante, se vosoutr@s queredes, verémonos por aquí.
Bicos

Hola, pues al final  también he sucumbido al mundo blogger. Y eso que ayer mismo, mientras tomaba un café con dos buenas amigas, decía que yo no me metería en semejante lío. El caso es que hace semanas que me estoy haciendo la página web, pero no veo la luz al final del túnel, jaja. Y ya estoy desesperada, es un trabajo más laborioso de lo que pensaba (es lo que tiene el intrusismo profesional, está claro que lo mío no es hacer  webs, jiji). Así que he decidido empezar por algo aparentemente más sencillo, este blog. Aunque al final la cosa resultó un poco más complicada de lo que pensaba...
Pero bueno, aquí está!!! Y a partir de ahora nos iremos viendo por aquí, si vosotr@s queréis.
Besos